Galicia pasa o luns á fase 1 de desescalada

1 minutes read

Así o anunciou este venres o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón. Minutos antes de comparecer publicamente, o ministro Illa comunicou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a decisión acordada polo comité de expertos. Fíxoo no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, no que participaron o Goberno e as comunidades autónomas. Segundo explicou Simón, os dous criterios prioritarios para pasar de fase, son os que permiten unha resposta adecuada do sistema sanitario a un posible rebrote e concrétanse en dispoñer de entre 1,5 e 2 camas de UCI por cada 10.000 habitantes, e entre 37 e 40 para agudos por cada 10.000 habitantes, ou ben poder habilitalas nun prazo de cinco días.