O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves a suspensión das clases en todas as etapas educativas en Galicia desde o vindeiro luns e durante catorce días, con opción de que os alumnos xa non vaian desde este venres, «se é posible».
Tras a reunión semanal do Executivo autonómico, Núñez Feijóo explicou que estas son algunhas das medidas que adoptou a Xunta para «minimizar» o impacto do coronavirus.
Entre outras medidas, ademais, a Xunta pechará todos os centros comunitarios, limitará a concentración de persoas en espazos pechados a un máximo de cincuenta persoas e reducirá a un terzo do seu aforo outros espazos.