Esta ratio é tres décimas superior á do primeiro trimestre do ano 2022 (17,4%), debido a que a Xunta acelerou nos primeiros meses do ano a execución do seu programa de endebedamento, e executou o 75% do importe de endebedamento autorizado, co obxectivo de aproveitar a estabilidade que ofrecían os mercados financeiros nese período. Este aumento é transitorio e corrixirase nos vindeiros meses. As operacións de endebedamento formalizadas no primeiro trimestre tiveron por finalidade o refinanciamento dos vencementos ordinarios do exercicio polo que, ao final do ano, non suporán incremento do endebedamento neto. A previsión é que de cara ao final do exercicio, a ratio débeda/PIB de Galicia continúe a senda de descenso iniciada en 2021 e se sitúe por debaixo do 17% ao peche de 2023.
36