Galicia pechou setembro como a segunda comunidade que paga máis rápido as súas facturas

1 minutes read

Só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados polo Ministerio de Hacienda y Función Pública. Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 13,22 días, case 15 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 27,69. Ademais, tamén se situou case 17 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio sitúan a Galicia como a terceira comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de setembro no 0,14%, só por detrás de Murcia e Madrid e por debaixo da media autonómica, que foi do 0,27%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 3.282 millóns de euros, dos que 89 millóns –o 2,7%- corresponden a Galicia.

Os datos publicados volven a ratificar que a Comunidade Autónoma continúa neste 2021 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.