- É a maior caída nos datos de afiliación desde que se teñen rexistros.
- España perdeu cada día de abril 1.375 Autónomos.
- Galicia perdeu cada día de abril 54 Autónomos.
Trátase dun sector crave na economía, poro moi castigado pola crise, ben porque non teñen actividade ou porque os seus ingresos caeron en moitos casos ata un 75%, e encima están obrigados a continuar de alta para cobrar o cesamento, aínda que non teñan actividade. Estes datos, sumados aos datos terribles en canto a paro e afiliación, debuxan un panorama dramático para o emprego en xeral, e para o Autónomo en particular.
Desde a Federación de Autónomos de Galicia, reflexionan do seguinte modo:
Os autónomos necesitamos un cambio radical nas políticas públicas, redución da presión fiscal, rebaixa nas cotizacións, axilizar o pago a provedores por parte da Administración, eliminación das trabas burocráticas, acceso ao crédito inmediato, e para o período de alarma, condonación das cotas da seguridade social mentres dure a alarma, supresión de cargas fiscais, e un posterior calendario de aprazamentos sen intereses, axudas directas para os custos fixos, elaboración de plans de recuperación sectoriais e transversais, especialmente nos sectores máis afectados, como o comercio, o turismo e a hostalería, a automoción, o téxtil, etc., así como a flexibilización dos ERTES e a prórroga das axudas se é preciso máis aló do estado de alarma. En definitiva, unha aposta firme pola dinamización da economía produtiva que representan os Autónomos, que crea emprego e riqueza en Galicia, España e Europa. Imos cara á desaparición de medio millón de Autónomos, se non poñemos remedio. Un auténtico cataclismo. Un drama.