Galicia pide un novo fondo covid para o 2021

Alberto Núñez Feijóo acudiu á Conferencia de Presidentes, onde afirmou que cre que era importante que todos os presidentes estiveran nesta reunión, sobre todo despois de coñecer os datos da caída do PIB español, que cualifica de demoledores. Con este panorama, tanto Galicia como outras comunidades pediron que se inclúa un novo fondo covid nos presupostos do ano que vén. Sobre o anuncio que lles fixo Sánchez de que o Goberno central vai liderar a xestión dos cartos europeos, Feijóo di que lle parece ben se realmente hai cogobernanza.