Galicia pode exercer as competencias en materia de ordenación do litoral sen reformar o Estatuto


O Consello Consultivo de Galicia avala que a Comunidade pode exercer as competencias en materia de ordenación do litoral sen necesidade de reformar o Estatuto de autonomía no ditame emitido o 20 de xullo en relación coa petición realizada polo Goberno galego sobre o traspaso competencial do dominio público marítimo-terrestre (DPMT). “A Xunta leva tempo reclamando a xestión plena destas zonas para poder exercer competencias que xa temos no ámbito urbanístico, portuario ou de control de vertidos”, aseverou este xoves o presidente, Alfonso Rueda.

Intervención do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.