Galicia pon en funcionamento o servizo 028 fronte á violencia por lgtbifobia

1 minutes read

A iniciativa é froito do convenio de colaboración asinado entre o Ministerio de Igualdade e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

O servizo que é gratuíto está dirixido, en concreto, ás vítimas de delictos de odio ou de discriminación por LGTBIfobia, así como para informar e atender calquera necesidade das personas LGTBI, ás súas familias ou achegados. Ademáis do número de teléfono abreviado, ponse tamén á disposición da cidadanía dúas direccións de correo electrónico: 028-online@igualdad.gob.es e/ou sevizo028arcodavella@xunta.gal.

O 028 é confidencial e atenderá, polo tanto, chamadas de información e sobre atención integral (solicitude de axuda tras un ataque, peticións de información relacionadas con delictos de odio ou violencia intraxénero e as chamadas referidas a cuestións de saúde, incluída a saúde sexual e reprodutiva).

O 028 tamén atenderá situacións de urxencia ou emerxencia, derivando de xeito inmediato a chamada ao teléfono de emerxencias 112 de Galicia.

En definitiva, este novo servizo permitirá ofrecer asesoramento xurídico, emocional e psicolóxico, itinerarios individualizados de atención social, orientación laboral e educativa, información sobre servizos e recursos dispoñibles ou información e asesoramento en temas de saúde.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?