Galicia pon en marcha o Plan de Reforma e Ampliación da Rede Aulas CeMIT


A Xunta pon en marcha o Plan de Reforma e Ampliación da Rede Aulas CeMIT cun investimento de 22,7 millóns de euros ata 2025 co obxectivo de formar en competencias dixitais a máis de 46.000 persoas nos vindeiros tres anos e lograr que o 70% dos galegos teñan competencias dixitais básicas. A través da folla de ruta presentada, investirase na transformación física e arquitectónica dos centros para que sexan máis flexibles ou na instalación de novo equipamento tecnolóxico. Ademais, adaptarase a formación ao marco galego de competencias dixitais que ampliará a Rede con ata 30 novas aulas tras un novo convenio marco que a Xunta asinará coa Fegamp. Nas 97 aulas abertas actualmente en 91 concellos, existen 100.000 persoas usuarias –3 de cada 5 son mulleres— cunha experiencia de máis de 450.000 horas de formación impartidas.