Galicia porá en marcha un programa con medidas específicas para reactivar o comercio de proximidade


O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, na rolda de prensa de Consello, que nas próximas semanas se porá en marcha un programa con medidas específicas para reactivar o comercio de proximidade, que contará cun investimento de 20 M€.

Este programa, que se está a ultimar co sector, contemplará medidas en dous grandes ámbitos. Por unha banda, iniciativas que impulsen a súa transformación dixital, cunha aposta clara polo comercio en liña.

E, por outra, axudas para dar resposta ás necesidades máis inmediatas e contribuír a impulsar o consumo nas tendas. Sobre este último punto, poñerase en marcha un programa de bonos desconto para mercar no comercio local.

Son medidas encamiñadas a paliar a situación dunha actividade clave para a economía e o emprego duramente afectada pola pandemia e polas súas consecuencias.