Galicia, premio ao mellor stand Fitur 2022


Na 42 edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur 2022), o stand de Galicia resultou galardoado co premio ao mellor stand de Fitur 2022 dentro da categoría de “Institucións e Comunidades Autónomas”.

O acto contou coa presenza do Presidente do Comité Executivo de Ifema Madrid, José Vicente dos Mozos, o Presidente do Comité Organizador de Fitur, Javier Sánchez-Prieto, José Félix de Paz en representación do Secretario de Estado de Turismo e Juan Serrano López, Director da Casa de Galicia en Madrid, encargado de recoller o premio.

A caseta con algo máis de 1.000m2 de superficie, fusionaba valores tradicionais e modernidade, unha imaxe de Galicia en constante transformación, por medio dun contraste harmónico de cores, materiais e iluminación, simbolizando a ilusión coa que Galicia afrontaba o segundo ano Xacobeo tras a pandemia. O eixo de comunicación do stand, baseado na potenciación do Xacobeo 2021-2022, enxalzaba esta marca e a magnitude da conmemoración desta celebración a través da internacionalidade do Camiño de Santiago, así como a difusión da oferta xeral de Galicia ao redor do Ano Santo.