Galicia presentou un saldo migratorio positivo de 14 mil persoas en 2021

1 minutes read

A Estatística de Variacións Residenciais (EVR), publicadas polo Instituto Nacional de Estadística (INE), confirman a tendencia do saldo migratorio de Galicia, que presenta en 2021 un signo positivo de 14.448 persoas.

Os datos do ano pasado, demostran que, durante o segundo ano da Covid-19, no que se mantiveron certas restricións de mobilidade, recuperouse o retorno, pasando de 3.842 en 2020 a 5.381 persoas de nacionalidade española que entraron na comunidade autónoma, sen contar aos seus familiares sen dita nacionalidade, que forman parte dos 14.338 estranxeiros que chegaron a Galicia.

Segundo a estatística realizada polo INE e recollida polo Instituto Galego de Estatística, os datos de 2021 para Galicia mostran que aumentaron as saídas cara a outras comunidades autónomas, pero aumentando tamén as entradas, co que o saldo migratorio con respecto ao resto de España foi positivo en 3.251 persoas.