Galicia presume da calidade e igualdade do seu balonmán tras a clasificación para a Copa


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu aos equipos de balonmán do Mecalia Atlético Guardés e do Frigoríficos do Morrazo Balonmán Cangas que veñen de acadar a súa clasificación para a fase final da Copa da Raíña e da Copa do Rei, respectivamente. A primeira en celebrarse será a Copa do Rei que terá lugar do 25 ao 27 de marzo en Antequera (Málaga), mentres que a Copa da Raíña levarase a cabo do 29 de abril ao 1 de maio en San Sebastián.