Galicia prevé administrar 12.200 vacinas cada semana

Imagen de archivo_PIXABAY

A Xunta prevé administrar 12.200 vacinas cada semana, reservando un terzo para garantir a segunda dose que implica un tempo de espera de 21 días con respecto á primeira, segundo avanzou este luns Sanidade tras a reunión do comité clínico que asesora á administración autonómica na xestión da pandemia. O Goberno galego subliña que está previsto vacinar «todos os días». En caso de que a administración do antíxeno vaia «a bo ritmo», este mércores día 6, festividade de Reis, non habería inoculación, pero «se é necesario, si». 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha