35
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou na súa xuntanza deste martes que Galicia quede no nivel medio baixo de restricións, agás o concello de Monforte de Lemos, que estará no nivel medio. Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 18 de setembro.
