Galicia recibe 60.000 doses para vacinar aos nenos contra a covid

1 minutes read

A vacina pediátrica contra a covid–19 chegou a España tras recibir o aval da Axencia Europea de Medicamentos e tras completar o ensaio clínico en que demostrou unha eficacia do 90,7 % en prevención sintomática por covid–19 en nenos de cinco a 11 anos. As doses preparadas para os máis pequenos redúcense a dez microgramos, un terzo da que se administra aos adultos. O intervalo entre doses será de polo menos oito semanas para conseguir mellor resposta inmune e mellor perfil de seguridade. Galicia recibiu as primeiras 60.000 doses para vacinar os menores de once a nove anos, servizos que se levarán a cabo desde este mércores.