- Da vacina de AstraZeneca non chegou ningunha dose
A Xunta de Galicia recibiu este luns un total de 57.330 doses da vacina de Pfizer e 3.220 da de Moderna; mentres que da vacina de AstraZeneca non chegou ningunha dose.
Esta semana, a Xunta continuará coa vacinación das persoas de 80 e máis anos así como de colectivos profesionais e persoas con profesións consideradas esenciais ata os 65 anos de idade. Continuarase, tamén, coa vacinación de grandes dependentes.
Este martes pola mañá volverá a reunirse o comité clínico que asesora ao Goberno galego nas medidas a levar a cabo para loitar contra a covid.