- O destino prioritario deste material de protección son hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias
A plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, situada en Negreira, recepcionou este luns un envío cun millón de máscaras adquiridas pola Xunta. Trátase do cuarto envío de material recepcionado en Galicia, co que na nosa comunidade recibíronse xa 4,7 millóns destas unidades.
O material recibido hoxe forma parte dos lotes adquiridos pola Xunta de Galicia a distintos provedores e que se suman aos 3,7 millóns de unidades xa recepcionadas nos últimos días.
Sanidade envía este material de protección con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias, tal e como especifican os protocolos elaborados coas recomendacións do persoal de medicina preventiva.