Galicia recibe un terceiro envío con 1 millón de máscaras adquiridas pola Xunta

Novo material sanitario adquirido pola Xunta_Xunta de Galicia

  • O material que saia para repartir levará ilustracións doadas por Paco Leiro e Rafael Canogar

Galicia recibiu este xoves o terceiro envío das máscaras adquiridas pola Xunta. Trátase de 1 millón de unidades que foi entregado na plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, situada en Negreira.

Sanidade envía este material de protección con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias, tal e como especifican os protocolos elaborados coas recomendacións do persoal de medicina preventiva.

O material recibido hoxe forma parte dos lotes adquiridos pola Xunta de Galicia a distintos provedores e que se suman ás 700.000 máscaras recepcionadas o pasado domingo e aos 2 millóns de máscaras recepcionadas onte.

Os protocolos de actuación para a protección dos profesionais na presente crise sanitaria provocada polo COVID-19 establecen a necesidade de que usen equipos de protección individual (EPI) para determinadas intervencións. Os elementos de protección recomendados son gafas de protección, batas de alta protección, máscaras respiratorias cirúrxicas e FFP2 e luvas de exame, xunto con solución hidroalcólica desinfectante.

O material sanitario que se reparta a partir de hoxe levará ilustracións doadas por Paco Leiro e Rafael Canogal.