Galicia recibirá 1.077 M€ en investimentos dos Presupostos Xerais do Estado


Galicia recibirá 1.077 millóns de euros dos presupostos do estado para 2023, unha cifra semellante á do ano pasado. É a quinta comunidade con maior asignación. Máis de 900 millóns destínanse a investimento en infraestruturas, a maioría para mellora do ferrocarril.

Máis de 433 millóns para continuar os investimentos do Eixo Atlántico. Tamén a partida dos estudos da alta velocidade Vigo- fronteira portuguesa, a conexión Vigo-O Porto, concretou a ministra de Transportes, Raquel Sánchez”.

Os presupostos do ministerio tamén inclúen, segundo a ministra, os orzamentos para paliar os efectos da caída do viaduto na A-6.