29
O Goberno central concretou a repartición entre as comunidades autónomas dos 7.000 millóns de euros para axudas directas. Do total que se vai transferir, 2.000 destínanse, exclusivamente, ás Canarias e ás Baleares, pola súa dependencia do turismo. Os outros 5.000 millóns repártense entre o resto de autonomías de acordo coa caída da súa economía, da perda de emprego durante a pandemia ou do paro xuvenil. Andalucía e Cataluña son máis beneficiadas e Galicia queda no sétimo posto, con 234 millóns. A Xunta discrepa con esta cantidade, un 4,6 % do total, e tamén cos criterios. Cre que os cartos deberían repartirse segundo o número de autónomos e microempresas de cada territorio.