Galicia recibirá esta semana 30.000 doses máis da vacina de Astrazeneca


Así llo confirmou a Ministra de Sanidade, Carolina Darias, ao máximo responsable da Sanidade galega, Julio García Comesaña, durante a xuntanza mantida este mércores no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Con estas novas doses, xa se poderá seguir avanzando no proceso de vacinación iniciado o pasado 27 de decembro e así acelerar o seu ritmo á hora de administralas doses. Nestes intres, a comunidade galega xa ten administradas un total de 233.316 doses. Nomeadamente, 184.620 doses de Pfizer, 6.367 de Moderna e 42.329 de Astrazéneca. Este ritmo de vacinación sitúa na actualidade a Galicia no terceiro posto das comunidades autónomas que maior número de doses administrou, en relación coas vacinas recibidas.