Galicia reclama ao Goberno que axilice os fondos europeos destinados á vivenda


Máxima axilidade na repartición dos fondos europeos do Plan de recuperación e resiliencia reservados á vivenda e actuacións urbanas, así como unha simplificación dos trámites administrativos necesarios para poder xestionar e acceder a estes programas, é o que pediu a conselleira Ángeles Vázquez, que participou de forma telemática na Conferencia sectorial de vivenda na que, por primeira vez, o Estado abordou cos representantes das comunidades os criterios nos que baseará a súa repartición, utilizando como base principal o número de fogares habitados. Neste sentido e ante a falta de concreción por parte do Goberno, a conselleira indicou que Galicia calcula que lle correspondería un 5,8% dos fondos e, por tanto, algo máis de 230 millóns de euros, sen contar cos incentivos fiscais aos que poderán acceder os beneficiarios das axudas.