Galicia reduce a 12 horas o prazo mínimo para un enterramento

O Consello da Xunta deu luz verde a un novo decreto sobre a normativa da sanidade mortuoria en Galicia que, entre outras cuestións, reduce de 24 a 12 horas o tempo mínimo de espera para enterrar un falecido e autoriza os ritos musulmán e xudeu de enterramento sen cadaleito.

Segundo dixo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha das novidades deste documento é que ampara o enterramento sen féretro, algo vetado ata o de agora en Galicia. Con iso, destacou, permitirase a realización de ritos como o musulmán ou o xudeu, para que estes crentes non se vexan obrigados a irse fóra da comunidade para realizar os enterramentos dos seus falecidos.

Ademais, redúcese a 12 horas o prazo mínimo para poder enterrar un falecido, que era agora de 24, regularízanse cemiterios preexistentes aos que lle faltaba algún trámite e especifícanse normas para os crematorios, como a súa distancia polo menos de 200 metros de núcleos residenciais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha