Galicia rexistra 279 casos activos por coronavirus

Imaxe dunha investigación

  • Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.722 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos

A Consellería de Sanidade actualizou este sábado o número de casos activos de coronavirus en Galicia situándoos en 279. Deles 50 son da área da Coruña, 87 da de Lugo, 10 da de Ourense, 4 da de Pontevedra, 101 da área de Vigo, 20 da de Santiago, e 7 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 275 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.722 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 195.156.