Galicia rexistrou as temperaturas máis altas da península

1 minutes read

Galicia rexistrou este mércores as temperaturas máis altas da península. Por riba dos 35 graos estiveron no Ribeiro ou en Ourense, pero tamén na costa se acadaron valores abafantes. A 34 graos e medio chegaron en Boiro. Máis calor que en Andalucía ou Estremadura. Unha xornada máis O Ribeiro rexistrou as temperaturas máis alta de España superando os 35 graos por riba mesmo de lugares como Córdoba ou Sevilla. En Ferrol os termómetros subiron ata os 30 graos, na Coruña estiveron a piques, quedaron en 29. Neste litoral norte, o vento do nordés mitigou a sensación de calor. No sur non houbo alivio para o 34 graos que alcanzou Pontevedra e os 32 de Vigo.