Galicia rexistrou máis de 25.800 raios en 2022, un 19% máis que o ano anterior


Así o fixo saber a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita realizada ás instalacións de MeteoGalicia. Máis polo miúdo, houbo 61 días de treboada, sendo o verán o período no que se rexistrou o maior número destas xornadas -o 26% do total anual-. Así, o mes de xullo destaca con 7.752 raios, o 30% do total do ano. De feito, o día con maior actividade rexistrada destas características foi o 14 de xullo, cando se detectaron 5.820 raios. Cómpre salientar que 2002 foi o quinto ano con máis raios da serie histórica, a conselleira explicou que, por provincias, Lugo rexistrou o 48% dos total rexistrado, seguida de Ourense -25%-, A Coruña -15%- e Pontevedra -12%-.