‘Galicia sabe amar’ | Protagonista en ‘Equiocio’


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o potencial e a oportunidade de citas como o evento ecuestre Equiocio para difundir a calidade dos produtos do mar de Galicia. Así o sinalou durante a inauguración oficial deste certame, no que Xunta está presente cun posto da campaña GALICIA SABE AMAR, coa que incide na importancia de comer peixes e mariscos e na gran variedade de produtos da máxima calidade que o complexo mar-industria de Galicia pon a disposición dos consumidores. 

Equiocio Consciente Mar e Terra desenvólvese no campo das Cabazas (Covas-Ferrol) ata o 7 de agosto, día incluído. Trátase dunha proba deportiva ecuestre de alto nivel combinada con actividades de lecer familiar e vida saudable, no marco de valores como o respecto pola contorna, a sustentabilidade e o compañeirismo. Durante os días deste certame, celebraranse preto dunha decena de degustacións de receitas elaboradas con peixes e mariscos no posto de GALICIA SABE AMAR.