Galicia sitúase á cabeza da UE na investigación da reuma

1 minutes read

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), é o único hospital español incluído no macroproxecto internacional Endotarget de investigación das enfermidades reumáticas e do desgaste das articulacións. Están implicados catorce centros hospitalarios de nove países e ao que a Unión Europea destina 9 millóns de euros.

Estudan a relación de doenzas como a artrose coas bacterias que temos no intestino. Buscan biomarcadores e deséñase unha aplicación para axudar os facultativos a reenfocar e abordar dun xeito completamente distinto o tratamento destas enfermidades.

O traballo agrario ou no mar aumenta nove veces a posibilidade de ter artrose. Por iso e polo envellecemento, Galicia ten unha prevalencia moi alta desta enfermidade, que levan tempo estudando neste laboratorio do IDIS, que acaba de converterse no segundo mellor financiado en Europa para estudar a reuma. 

Estudan en que medida a alteración da permeabilidade do intestino pode acabar provocando desgaste nas articulacións. E traballan en medicamentos que fagan de filtro.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?