Galicia sitúase como a 4ª comunidade autónoma con menor lista de espera para cirurxías


O sistema sanitario público galego sitúase como o cuarto con mellores tempos de espera media para acceder a unha intervención cirúrxica, dentro do Sistema Nacional de Saúde. Segundo o último informe publicado polo Ministerio de Sanidade, o tempo medio de espera para cirurxías en Galicia sitúase en 75 días, cando a media estatal está en 113 (38 días menos que a media española).

Así, a comunidade galega sitúase por detrás do País Vasco (64 días), Madrid (65 días), e Navarra (72 días).

No que alcanza á porcentaxe de pacientes que esperan máis de seis meses para unha intervención, Galicia tamén é o cuarto territorio nacional con mellores datos. Así, este dato descende ata o 6,4% dos casos, soamente contando con mellores datos as Comunidades de Navarra (6%), Madrid (5,4%) e País Vasco (3.9%). Neste apartado, Galicia presenta uns datos significativamente mellores que os da media estatal, situada nos 17,6% casos.