Galicia sitúase como a segunda comunidade na que máis baixa o paro


A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou este martes os datos de paro rexistrado nunha visita que realizou ás oficinas de Accede Social, Ges e Coregal. Destacou que Galicia está a consolidar o emprego creado nos últimos anos, xa que o paro na evolución anual continúa baixando, mentres que as afiliacións e a contratación indefinida e a tempo completo seguen aumentando.

Galicia comeza 2020 con 7045 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -4,03% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai once anos. Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de xaneiro. Estes datos sitúan Galicia como a segunda Comunidade que rexistra unha maior baixada de desemprego, superando a media española (-0,97%) en máis de tres puntos. O paro tamén baixou nas catro provincias galegas e nas 7 grandes cidades (agás A Coruña), así como en todos os sectores económicos e nos colectivos prioritarios para a Xunta: menores de 30 anos, parados de longa duración e mulleres. De feito, nestes tres colectivos fíxoo a maior ritmo que a media galega: descendeu nun -4,14% entre os menores de 30 anos; nun -5,53% nos parados de longa duración; e nun -4,26% nas mulleres.

Declaracións de Covadonga Toca.