A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión por videoconferencia co secretario xeral da Axenda Urbana e Vivenda, David Lucas Parrón, ao que trasladou a necesidade de simplicidade administrativa na tramitación das axudas en materia de vivenda dos distintos programas do Plan de recuperación e resilencia da Comisión Europea, coa finalidade de que sexan un instrumento áxil, eficaz e flexible; e permitindo ás comunidades o axuste dos termos da tramitación.
Tamén lle trasladou a necesidade de definir os criterios e condicións dos diferentes programas, para evitar xerar falsas expectativas aos posibles beneficiarios. Insistiu na urxencia de que o Estado concrete e axilice os contidos dos programas, dado que si demora as decisións sobre estes aspectos as rexións disporían dun prazo moi axustado para poñer en marcha e materializar as actuacións, pois no ano 2023 todas as liñas deben estar en marcha.
