Galicia pide que o Goberno reúna ás comunidades para tratar a lei de vivenda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, remitiu unha carta á ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para pedirlle a convocatoria desta reunión “coa maior urxencia posible” debido “á transcendencia” do asunto que se pretende tratar.

Tras facerse público o acordo entre o Goberno central e os grupos parlamentarios de Esquerra Republicana e EH Bildu con relación a certos aspectos do proxecto lexislativo, a responsable galega expón na súa misiva a inquedanza da Xunta ante a “preocupación” e as solicitudes de información que está a suscitar entre os diferentes colectivos profesionais do sector da vivenda en Galicia a futura normativa estatal, que actualmente se atopa na recta final da súa tramitación no Congreso dos Deputados.

Nesta mesma liña, a Xunta ten constancia de que tamén outras comunidades autónomas se sumaron á demanda galega e se dirixiron ao Goberno central para solicitar unha Conferencia Sectorial urxente na que se poida tratar o tema.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha