Concretamente, desde o inicio da campaña de vacinación en centros sociosanitarios, o pasado 25 de setembro, un total de 509.471 persoas xa foron vacinadas polos servizos sanitarios públicos galegos.
En canto á cobertura media, a porcentaxe mais alta rexístrase no grupo etario de 80-84 anos, cun 78% de cobertura, seguida do grupo de persoas con 85 anos -ou máis- que acada o 72% e, da poboación con idades comprendidas entre os 70 e os 79 anos cuxa cobertura supera o 63’5%.
A Consellería de Sanidade agradece a toda a poboación a súa colaboración e responsabilidade, así como aos profesionais que desenvolven o seu labor nos puntos de vacinación.
A Dirección Xeral de Saúde Pública lembra que a campaña de vacinación finalizará o vindeiro 31 de decembro, e reitera que protexerse contra a covid-19 evita ingresos hospitalarios e salva vidas. Na xornada de hoxe, Galicia rexistra 657 casos activos.
Por este motivo, a Consellería de Sanidade fai un chamamento á vacinación e agradece a colaboración da cidadanía, animando aos nosos maiores a que acudan, unha vez mais, á súa cita de vacinación contra covid-19.