O Plan que conta cun orzamento autonómico de 23,23 M€ desenvolverase no horizonte 2024-2026. Impulsará o turismo termal e histórico-cultural en Galicia mediante a modernización das infraestruturas existentes, diversificando o sector para atraer novos segmentos de poboación, mellorando a comercialización e a promoción de novos produtos turísticos. Ademais de promocionar a xestión sustentable e a potenciación do territorio termal e cultural galego como un espazo de desenvolvemento turístico competitivo cuxa proxección e comercialización alcancen o ámbito nacional e internacional.
Trátase do terceiro dos Plans Territoriais impulsados pola Xunta ao abeiro dos Fondos Next Generation, tralo impulso do Plan do Litoral e do Plan de Enogastronomía de Galicia. Como os anteriores Plans, está estruturado arredor de Accións de Cohesión en Destino (ACD) e Plans de Sustentabilidade Turística (PSTD) impulsados polas entidades locais.
Concretamente, engloba 1 ACD que conta cun investimento de 10.035.000 €, 7 PSTD impulsados por entidades locais, que recibirán un total de 11.200.000 €, e 1 PSTD do Plan Nacional que recibirá un total de 2 M€.