O proxecto lexislativo foi anunciado este venres pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen mantivo unha reunión con representantes de varias asociacións de empresarios da provincia da Coruña para falar, precisamente, de solo industrial e das condicións vantaxosas que ofrece a Xunta para facilitarlles o acceso ao mesmo nos parques que xestiona.
Grazas á futura norma, preténdese regular de xeito claro e unificado as diferentes formas de implantación dos proxectos de desenvolvemento de solo industrial, xa sexa para crear máis áreas deste tipo ou para implantar novos proxectos industriais.
Tamén se busca satisfacer unha demanda que se lle ten trasladado desde o propio sector nun momento complicado como o actual, que require de medidas de impulso e apoio ás empresas entre as que se referiu á aprobación esta mesma semana da Lei de simplificación administrativa e apoio á reactivación económica de Galicia.