Galicia «un bo lugar para vivir», Carballo tamén

1 minutes read
  • O presidente da Xunta fai seu no Día de Galicia un coñecido eslogan, propio dende fai anos, do alcalde carballés Evencio Ferrero

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, publica un artigo con motivo do Día de Galicia.

Feijóo reivindica que «somos un bo lugar para vivir. Contamos cunha estabilidade sen equivalentes en España, un valor á alza ante a confusión que hai tempo caracteriza a política nacional».

E engade que «grazas a esta estabilidade, dispoñemos dun Estado do Benestar máis completo e eficiente ca nunca».

No artigo, que ten como título ‘Galicia, camiño e destino’, Feijóo sinala que somos un «país claramente diferenciado, orgulloso de ser diferente pero que non expresa a diferenza con receo cara a ninguén. A singularidade galega non se sente ameazada, senón enriquecida polo contacto cos alleos».

O presidente finaliza asegurando que «Hai algo que simboliza o ideal que unha gran maioría dos españois, europeos e cidadáns do mundo anhelan acadar: esa praza do Obradoiro na que desembocan visitantes e peregrinos que se senten parte dun mesmo sentimento. O diverso unido por unha mesma emoción». «Galicia é o mellor camiño; o mellor destino; un bo lugar para vivir».