44
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, comunicoulle ao Ministro de Sanidade, Salvador Illa, a vontade de Galicia para adherirse á aplicación de rastrexo “Radar Covid” que desenvolve o Goberno central.
O responsable galego de Sanidade apuntou que a aplicación de rastrexo estatal engadirase ao sistema “Passcovid”, que neste intres está a testear na súa fase piloto a Xunta de Galicia, e que será completamente interoperable coa app estatal.
Almuiña sinala que a actual crise sanitaria fai preciso atopar novas vías de control e seguimento para combater a expansión do virus Sars-cov2, e así acadar unha xestión o máis optimizada posible da súa evolución.