Galicia xa conta con 12 casos da variante ómicron da covid-19


Os casos da variante ómicron elévanse a 12 en Galicia, ao confirmarse tres novos casos na área de Vigo, segundo informou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. O conselleiro explicou que hai seis casos detectados na área sanitaria da Coruña-Cee e outros seis na de Vigo. Aos xa secuenciados, súmanse outros seis en estudo na Área Sanitaria de Santiago que non teñen relación entre eles, segundo avanzou o Sergas. Neste sentido, fixo un chamamento para que aquelas persoas con sospeitas de ter covid-19 non acudan aos centros de saúde para ser atendidos pois está sendo unha práctica “habitual”. “A variante avanza”, recoñeceu o conselleiro, quen, por iso, considerou que hai que estar “máis atentos”. “Hai que lanzar unha mensaxe de preocupación co desenvolvemento desta variante de maneira rápida”, admitiu, apelando, para reducir contaxios, á responsabilidade individual.