38
- A cifra de falecidos ascende a 638, sendo as últimas dúas vítimas persoas de máis de 70 anos con patoloxías previas
A comunidade autónoma xa conta con 3.294 casos activos por coronavirus, segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade actualizados este sábado. Deles 1.376 son da área da Coruña, 604 da de Lugo, 300 da de Ourense, 205 da de Pontevedra, 209 da área de Vigo, 473 da de Santiago, e 127 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 15 están na UCI, 112 en unidades de hospitalización e 3.167 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.438 persoas curadas, rexistrándose 638 falecementos. Os dous últimos foron o dunha muller de 85 anos que estaba ingresada no CHUAC e o dun home de 71 anos que estaba ingresado no CHUO. Ambos tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 327.257.