Galileo, o «GPS europeo», sofre unha misteriosa avaría

O sistema de navegación por satélite Galileo, o equivalente europeo do estadounidense GPS, caeuse durante catro días. Os 26 satélites da constelación van ben, o problema vén dun «incidente técnico» nos sistemas terrestres, segundo informaba o domingo a Axencia Europea para os Sistemas Globais de Navegación por Satélite, que xestiona a rede de satélites de localización.

En total, 24 dos 26 satélites están «inutilizados» e só dous deles, GSAT0201 e GSAT0202, están en fase de test. A axencia deu poucos detalles nos primeiros días da avaría, provocando críticas dos usuarios. Nun primeiro momento a axencia GSA só dixo que «o sinal dos satélites ía perder calidade ou estarían indisponibles». O sábado asegurou que as causas foran identificadas e o domingo precisou que estaban relacionadas coa súa infraestrutura terrestre.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha