Galiza Nova esixe o peche das casas de apostas

1 minutes read

O Secretario Xeral de Galiza Nova, Paulo Ríos, acompañado de militantes e simpatizantes da organización xuvenil da cidade de Vigo, presentou o cartaz da campaña nacional contra as casas de apostas instaladas en Galiza. A finalidade da mesma é concienciar e dar a coñecer ao conxunto da mocidade galega “a lacra e a perda de poder adquisitivo” que supón manter estas empresas no noso país, cebándose sobre todo nas clases traballadoras. Desde a organización xuvenil amosaron o seu rexeitamento ante este tipo de negocio e anunciaron que esixirán que se vaian fóra do país. Neste sentido, tamén se comprometeron a traballar para desenvolver medidas de ocio alternativo coa visión posta a finais de ano, presentando unha nova campaña para a mocidade galega.