Galiza Nova de Bergantiños promove para este domingo 4 de febreiro un encontro lúdico e de reflexión a partir das 13.00 horas: unha sesión vermú co DJ Misa e unha conversa cos candidatos bergantiñáns, todo iso no xardín municipal de Carballo. Neste encontro coa mocidade participarán Daniel Pérez, número 5, e Carolina Castiñeiras, número 15: conducirá o acto Alberto Liñares, responsable comarcal de Galiza Nova. Dende a entidade trasladan á mocidade a necesidade de implicación e participación, ‘para que a partir do día 18 de febreiro na Galiza haxa un novo goberno, liderado por Ana Pontón’.