Garaysa Xiria 22 – Upi Informática Lalín 23 (14-12)

Agardábase máxima igualdade no partido que disputaron o Garaysa Xiria e o Balonmán Lalín, primeiro e segundo clasificado da División de Honra Infantil Masculino, e así foi, o Lalín levouse a vitoria por un gol.

Saíu moi centrado o Garaysa, coñecedor do potencial do seu rival, non escatimou en darlle velocidade e ritmo ao xogo, a maior corpulencia dos dezanos obrigaba a unha defensa de anticipación e axuda. Tomou vantaxe o equipo carballés no descanso 14 a 12.

Na segunda metade cada acción contaba, a igualdade foi ata o pitido final onde o Xiria marcaba o empate fora de tempo e a vitoria era acadada po un Lalín máis acertado de cara a gol ante un Garaysa que fallou varios lanzamentos na recta final.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha