García Egea dimite e abre a vía para un congreso extraordinario do PP

A crise aberta no Partido Popular terminou por arrastrar ao seu secretario xeral. Este martes, Teodoro García Egea dimitiu ao seu cargo como número dous do partido, respondendo así á presión do grupo parlamentario Popular, que pedira a súa renuncia xunto á do líder do PP, Pablo Casado. Con todo, Casado segue sen anunciar explicitamente a súa saída de Xénova. En cambio, cedeu ao reclamo dos baróns e convocou a Xunta Directiva Nacional para o vindeiro martes 1 de marzo, á que levará unha moción para adiantar o XX Congreso Nacional, con carácter extraordinario, para elixir un novo líder, que podería ser o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha