Os corpos e forzas de seguridade foron informando ordenadamente aos diferentes locais de hostalería que aínda permanecían abertos preto da medianoite deste venres do obrigado cumprimento do estado de alarma decretado pola Xunta. Uns tomábanllo con resignación, outros con sorpresa por non avisar con antelación suficiente e algúns mesmo se resistían a pechar ás 00:00 horas, sendo nestes casos informados polas forzas da orde das responsabilidades ás que poderían enfrontarse, incluso o peche pola forza por unidades especiais e a correspondente sanción. Progresivamente foise normalizando a situación, dando así cumprimento ao ditado polas autoridades competentes, tanto estatais como autonómicas.