Garda Civil e Policía Nacional reclaman o recoñecemento de ‘profesión de risco’

Axentes de policías e gardas civís concentráronse este venres fronte ás delegacións e subdelegacións do Goberno en varias cidades españolas para esixir máis medios e o recoñecemento de «profesión de risco» a estes axentes e a declaración de zona de especial singularidade ao Campo de Xibraltar, tras o asasinato de dous gardas civís en Barbate (Cádiz).

Organizada pola Plataforma por unha Xubilación Digna e a Plena Equiparación Salarial, integrada por trece organizacións de gardas civís e policías nacionais, durante a concentración deste venres gardouse un minuto de silencio en memoria dos dous axentes falecidos tras ser arroiados por unha narcolancha.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha