- Habilitaranse zonas de carga e descarga alternativas na contorna do edificio dende o martes pola tarde ata o venres pola mañá debido ao despregamento de medios
Playz, galardoado como mellor programa de entretemento nos Premios Ondas 2021, estará presente no Carballo Interplay a través do seu primeiro directo dende Galicia nun dos seus formatos estrela: Gen Playz.
Xunto a Inés Hernand, que conducirá este programa especial, tamén estarán Refix, Marcelo Lusardi, Ortiga, Aida Tarrío, Esther Estévez, Laura (Le Petit Patito), Tamara Pazos (Putamen_t) e Malva. Ademais, o evento contará coas actuacións de Tanxugueiras e Rastreadores.
O programa realizarase este xoves, ás 20.00 horas, no mercado municipal. As prazas para asistir como público xa están completas, pero poderase seguir en directo aquí.
A presenza do equipo de RTVE en Carballo provocará un gran despregamento de medios na zona. Por este motivo desde a concellaría de Mobilidade habilitaranse zonas de carga e descarga alternativas na contorna do edificio, xa que a rúa Cervantes e un treito da Gran Vía estarán ocupadas dende o martes pola tarde ata o venres pola mañá polo equipo da cadea estatal de televisión.