Geoffrey Hinton, un dos pais da Intelixencia Artificial, abandona Google

1 minutes read

Geoffrey Hinton, considerado un dos Pais da intelixencia Artificial moderna (IA), abandona Google de forma sorpresiva, arrepentíndose de parte do seu traballo, para dedicarse a falar libremente dos perigos da IA: «camiñamos cara a un mundo no que ninguén poderá saber que é de verdade, nunca máis».

Hinton asegura no New York Times que estaba a gusto co desenvolvemento que Google estaba a levar coa IA… ata que Microsoft anunciou ChatGPT en Bing. Aí Google entrou en pánico, rompendo todas as medidas de seguridade éticas da IA para acelerar o seu desenvolvemento, e non perder a carreira con Microsoft.

«Unha competencia tan feroz podería ser imposible de frear, o que daría lugar a un mundo con tantas imaxes e textos falsos que xa ninguén sabería dicir que é verdade«, recoñece con resignación, o Pai da IA.

Pero Hinton vai a máis aló. Preocúpalle que «a IA elimine os traballos rutineiros e, posiblemente, á propia humanidade cando empece a escribir e executar o seu propio código«.