“DespÍdome de todas e todos vós despois de seis anos dende que me incorporei á directiva do CCA de Carballo, dos cales os últimos tres tiven a honra de ser o presidente.
Esta directiva nunca parou de traballar, seguramente que tivemos erros pero todo o que fixemos foi sempre pensando no ben da asociación e no mellor para o comercio e a hostalaría de Carballo.
Tiven moita sorte de formar parte dun equipo que sempre respondeu cando o necesitei, grazas Vanesa, Sonia, Mari, Súa, Jose e Ana. E como non grazas a Maricarmen polo traballo que fixo todos estos anos para manter o CCA, sen ela todo isto non existiría.
Destes seis anos quédome co recordo das colas interminables para tirar na ruleta ou para conseguir unha bóla na casiña de nadal. Quédome con Carballo repleto de xente para vir á feira de oportunidades ou ó mercadillo de verán. Quédome co apoio recibido polo comercio de Carballo de empresas como Nauterra (Calvo) ou Vázquez y Reino. Quédome con que entre todos conseguimos facer do comercio de Carballo un comercio mellor. Por todo isto e por moito máis mereciu a pena esta experiencia.
Agora que comeza unha nova etapa da asociación con nova xerencia e nova directiva, debemos apoialos entre todos para que a asociación siga medrando e para que o comercio de Carballo siga sendo un referente.
Estou seguro de que a directiva entrante o vai a facer moi ben e quero que sepan que se o necesitan aquí estarei para axudar.
Remato agradecendo o apoio das administracións, Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.
Un saúdo e longa vida ó CCA de Carballo!”
Germán Riveiro Bértoa